jueves, 10 de marzo de 2011

Dispositivos de comunicación. Redes



Redes locais
Unha rede interna é un conxunto de ordenadores conectados entre si, coa finalidade de compartir recursos e información. Todos os ordenadores e dispositivos dunha rede están conectados fisicamente mediante un cableado que os percorre un a un; a conexión deste cable a cada ordenador realízase a través da tarxeta de rede. Ademais desta tarxeta, é necesario que todos os ordenadores dispoñan do software axeitado, denominado software de rede, que permita compartir os dispositivos conectados á rede. O protocolo máis utilizado nas redes locais era Ethernet, aínda que cada vez é máis frecuente utilizar o protocolo TCP/ IP, adquirindo deste modo características análogas ás de internet. Ás redes que utilizan este protocolo denomínaselles intranet.
Nun intranet cada ordenador identifícase cunha dirección de IP que ten que estar, obrigatoriamente, dentro duns rangos específicos, xa que deste modo se garante que non poida estar accesible dende internet.  
Topoloxía dunha rede
Unha rede local pode instalarse de varias maneiras distintas, e cada unha vén determinada por características como o tipo de cableado, a velocidade de transferencia e a seguridade que poderá ter.
Rede en anel. Trátase dunha rede pechada, na que todos os ordenadores están conectados a ela. A información circula nun sentido, polo anel, e cada ordenador analiza se el é o destinatario; se non fose así, deixará pasar a información ao seguinte, e así sucesivamente. Trátase dunha rede bastante estable e cunha taxa alta de transferencia de información  

Rede en estrela. Os ordenadores non están unidos directamente entre eles, senón que o fan a través dun dispositivo específico. Trátase dunha rede moi estable, segura e cunha velocidade de transmisión alta. Nestas redes utilizan cables de tipo UTP.  

Os dispositivos que se poden empregar para interconectar todos os ordenadores dunha rede en estrela son os seguintes:
-Un concentrador ou hub; a este dispositivo chegan todos os cables da rede, un por cada ordenador e dispositivo, e actúa de ponte entre todos eles; cando un ordenador envía información, o concentrador reenvíaa a todos, para que o destinatario a tome e o resto a desbote.
-Un conmutador ou switch: ao igual que un hub, actúa de ponte entre todos os dispositivos da rede, pero, ademais, é capaz de identificar cada ordenador ou dispositivo conectado, polo que non envía a información a todos eles, senón só ao destinatario, evitando deste modo sobrecargar a rede e as colisións de datos.
 

Cableado dunha rede local 
Hai distintos tipos de cableado para crear unha rede local.
-Cableado coaxial. trátase dun cable que está formado por un fío condutor central, protexido das correntes eléctricas externas por unha malla de cobre. Este cable resulta económico e pode alcanzar velocidade de transmisión media; a conexión ás tarxetas de rede realízase mediante conectores BCN. Actualmente está en desuso.
-Cableado UTP. Este cable está constituído por 4 pares de fíos dentro dunha mesma camisa; cada par de fíos está trenzados para evitar a interferencia eléctrica dos outros pares. Este tipo de cable que resulta económico e permite alcanzar unha boa velocidade de comunicación, necesita conectores RJ45
.
-Cableado de fibra óptica. A fibra óptica transporta pulsos de luz a través de pequenas fibras de vidro, polo que non lle afectan as correntes eléctricas externas.
Estes cables constan de dous fíos de fibra de vidro protexidos por fibras kevlar e capas de plástico.
Aínda que o seu custo económico é alto, permiten alcanzar velocidades de transmisión moi elevadas e a súa lonxitude pode ser moi extensa; necesitan conectores ST de fibra óptica.
 Redes inarámicas 
Nas redes inarámicas os usuarios conéctanse sen as limitacións que impón un cable, xa que os seus datos se transmiten polo aire; deste modo conséguese gran liberdade de movementos.
Baséanse tanto en ondas de raio coma en microondas para transmitir a información. A velocidade de transmisión é baixa e varía segundo os protocolos utilizados.


Redes externas. Internet.  Unha rede externa é un conxunto de ordenadores conectados entre si cuxa situación física pode estar en diferentes lugares; a este tipo de rede pertencería internet, aínda que, dada a súa amplitude, se lle considera xa como unha rede global.
En caso de querer conectar un equipo a unha rede externa, adóitase utilizar a rede telefónica, aínda que se están a realizar investigacións e avances noutras tecnoloxías como a conexión a través da rede eléctrica, a conexión vía satélite...


Redes privadas virtuais
 Son un tipo de redes especiais, posto que utilizan a infraestrutura dunha rede externa, pero agregan unha serie de medidas de seguridade entre os ordenadores conectados de modo que a súa comunicación poida chegar a ser privada.
Conexión a través dunha liña telefónica
-Módems.Os modems son dispositivos que permiten enviar ou recibir información a través dunha liña telefónica convencional, RTC. Como o seu nome indica a súa misión consiste en modular o sinal dixital do ordenador en analóxica e demodular o sinal analóxico recibido para convertela en sinal dixital.
Na actualidade son case todos internos, mesmo algúns ordenadores os teñen incorporados na placa base.
-Tarxetas RDSI. Ademais das liñas telefónicas convencionais, hai outras denominadas RDSIS. Entre as súas vantaxes fronte ás liñas RTC destacan a velocidade de transmisión e o feito de que a información que viaxa por elas é dixital, non analóxica. Ademais, estas liñas dispoñen de varias canles, polo que a conexión a internet non impide que se poida realizar ou recibir chamadas telefónicas.
-Modems ADSL.Esta tecnoloxía permite o uso do fío de cobre dunha liña telefónica para a transmisión de datos de alta velocidade, e simultáneamente, para o uso normal dunha liña telefónica.
As liñas ADSL permiten transferir datos a distintas velocidades, sendo sempre maior a velocidade de recepción que a de envío.
Para poder realizar a conexión a través dunha liña ADSL, é necesario dispoñer dun modem especial denominado modem ADSL.
-Router.Este dispositivo permite unir ordenadores (ten conectores RJ45), coma se fose un hub ou switch. É capaz de buscar o camiño para poñer en contacto dous ordenadores que se queiran conectar, mesmo se estes están en distintas redes.
Tamén se encarga de que a información que pase por el non sexa enviada a todos os ordenadores conectados, senón unicamente aos seus destinatarios, evitando deste modo que exista transferencia de información innecesaria pola rede.
Por outra parte, un router tamén é capaz de comprobar se unha ruta funciona, e no caso contrario, encontrar outra alternativa; ademais, se hai varias rutas, o router elixirá a máis rápida.
Conexión a través de cable  O inconveniente deste tipo de conexión é que necesita unha infraestrutura nova (cableado) que non en todas as zonas xeográficas está dispoñible. No caso do cable, a conexión non se establece directamente entre o usuario e o provedor, senón que se trata dunha conexión multipunto, na cal moitos usuarios comparten o mesmo cable, motivo polo que diminúe a taxa de transferencia a medida que se conectan outros usuarios ao mesmo cable. Para poder realizar a conexión a través de cable, ademais de dispoñer cobertura, é necesario un modem-cable.
Conexión vía satélite  Trátase dunha conexión híbrida, posto que o usuario recibe información vía satélite pero a envía por un sistema terrestre para que o usuario aproveite a alta velocidade da conexión vía satélite para recibir grandes bloques de información, e que utilice calquera outra conexión terrestre para a petición de páxinas, o envío de correos electrónicos..., que representan un volume pequeno de infomación.

Esta tecnoloxía está en desuso pola súa baixa velocidade fronte a outros sistemas cablear, e a súa utilización está a quedar reducida a lugares ou situacións onde por razóns xeográficas, illamento por catástrofes, etc., non hai posibilidade de utilizar outro tipo de conexión.


Conexión por ondas radioeléctricas 
A este sistema de conexión coñéceselle coas siglas LMDS (LocalMultipoint Distribution System), que fan alusión á existencia de múltiples puntos (antenas) cos que os usuarios establecen comunicación mediante ondas radioeléctricas de alta frecuencia (entre 28 e 40 GHz).
Unha vantaxe desta conexión é que, ademais de ter unha velocidade de transferencia alta, posibilita a mobilidade física do usuario, sen obrigalo a permanecer nun punto xeográfico concreto para realizar a conexión.Por outra parte esta conexión permite ofrecer conexión a internet en lugares nos que non pode chegar o cable. 

Ligazón a páxina web que trata do tema