viernes, 17 de diciembre de 2010

Edición de son

  1. Texto: arquivos de son
  • programas de edición de son
  • Audacity
  • titorial de audacity
  • (texto feito por ti , arquivo PDF en google sites incluindo capturas de pantalla e ligazóns)

 Tipos de arquivos de son :


 Hai dous tipos de arquivos de son: con pérdida e sen pérdida:

-Con perda: Os arquivos de son con perda son aqueles que usan un algoritmo de compresión con perda, é dicir un tipo de compresión que representa a información (por exemplo unha canción), pero intentando utilizar para iso unha cantidade menor de información.
-Sen perda: son aqueles que usando ou non métodos de compresión, representan a información sen intentar utilizar menor cantidade da información orixinal. Fan posible unha reconstrución exacta da información orixinal.

   Arquivos de son con perda:
-MP3 o MPEG-1 Audio Layer 3: É un formato de audio dixital estándar comprimido con perda, a perda de información do formato mp3 non é audible polo oído humano, polo tanto non distinguiremos a diferenza entre un arquivo de audio sen compresión e un arquivo mp3.
Ademais un arquivo mp3 consegue reducir o tamaño do arquivo de son sen influír na súa calidade, aproximadamente 1 minuto de audio en formato mp3 ocupa 1 MB cunha calidade practicamente igual á calidade de Cd.
-ACC ou Advanced Audio Coding: É un formato de audio dixital estándar como extensión de MPEG-2 comprimido con perda, e ofrece máis calidade que mp3 e é máis estable para un mesmo número de Kbps e un mesmo tamaño. A súa compresión está baseada nos mesmos principios que a compresión MP3, coa diferenza de que ofrece a posibilidade de empregar frecuencias de mostraxe do rango de entre 8 Hz ata os 96 KHz.
 -Ogg: É un formato de audio dixital comprimido con perda. Normalmente os arquivos Ogg están comprimidos co códec Vorbis, que é un códec de audio libre que permite unha máxima flexibilidade á hora de elixir entre a ampla gama de bitrates segundo a complexidade da transmisión de audio, na relación calidad-bitrate, se encontra parello con MPEG-2 e na maioría dos bitrates é comparable ao formato ACC.
-Real Audio ou RM: É un formato de arquivo pensado para as transmisións por internet en tempo real, por exemplo as radios que emiten online ou cando un servidor ten un arquivo de son almacenado e nós o escoitamos sen que o arquivo se cargue por completo nin se almacene no noso ordenador, isto é posible grazas ao proceso de Buffering que basicamente é recibir un paquete de son no noso reprodutor neste caso (Real Player) mentres o seguinte se almacena na carpeta de temporais ata que sexa requirido polo reprodutor. Con este sistema os arquivos non poden ser copiados.
-WMA ou Windows Media Audio: É un formato de compresión de audio con perda aínda que tamén existe este formato con compresión sen perda. E está desenvolvido basicamente con fins comerciais para o reprodutor integrado en Windows, Windows Media Player. Está por debaixo do nivel dos anteriores formatos. 

 Arquivos de son sen perda: 

-AIFF ou Audio Interchange File Format que significa Formato de Arquivo de Intercambio de Audio, é un estándar de formato de arquivo de audio para vender datos de son para ordenadores, usado internacionalmente polos ordenadores Amiga e actualmente moi utilizado nos ordenadores Apple.Os datos en AIFF non están comprimidos e é un dos formatos líderes, xunto a SDII e WAV, usados a nivel profesional para aplicacións de audio xa que está comprimido sen perda.
-FLAC ou Free Lossless Audio Codec :é outro códec de compresión sen perda, e consegue reducir o tamaño dun arquivo de son orixinal de entre a metade ata tres cuartos do tamaño inicial. O formato FLAC adóitase usar para a venda de música por internet, e como alternativa ao MP3 para compartila cando se desexa reducir o tamaño que trendría un arquivo WAV-PCM sen perder calidade, xa que con este tipo de compresión poderemos reconstruír os datos orixinais do arquivo.  -WAV ou wave: Waveform Audio Format é un formato de audio dixital sen compresión que se emprega para almacenar sons no ordenadores con windows, é unha formato parecido ao AIFF pero tomando en conta peculiaridades de intel.
-MIDI: Interface Digital para Instrumentos Musicais, é considerado o estándar para industria da música electrónica. é moi útil para traballar con dispositivos como sintetizadores musicais ou tarxetas de Sonido.
A súa extensión é.midi ou.mid.
 

Programas de edicion de son: 
1. Audacity
2. Power Sound Editor
3. mp3DirectCut
4. Music Editor Free
5. Wavosaur
6. Traverso DAW
7. Ardour
8. Rosegarden
9. Hydrogen
10. WavePad Sound Editor
11. Sound Engine
12. Expstudio Audio Editor
13. DJ Audio Editor
14. Eisenkraut
15. FREE WAVE MP3 Editor
16. Kangas Sound Editor
17. Ecawave
18. Audiobook Cutter
19. Jokosher
20. LMMS
21. Mp3Splt
22. Qtractor
23. ReZound
24. Sweep
25. Wavesurfer



Audacity  
 Audacity é un programa libre e de código aberto para gravar e editar son.
  Características:
* Gravación de audio en tempo real;
* Edición arquivos de audio tipo Ogg Vorbis, MP3, WAV, AIFF, AU, LOF e WMP;
* Conversión entre formatos de audio tipo;
* Importación de arquivos de formato MIDI,RAW e MP3
* Edición de pistas múltiples.
* Agregar efectos ao son (eco, investimento, ton, etc).
* Posibilidade de usar plug-ins para aumentar a súa funcionalidade.



Tutorial audacity (clic aquí para ver documento pdf)

viernes, 3 de diciembre de 2010

Tarxeta Gráfica

  1. Son os componentes encargados de crear e manexar as imaxes que vemos no noso monitor.As marcas máis coñecidas son Ati e Nvidia, xa que lideran o sector das tarxetas gráficas  e saturan o mercado con continuas novedades.Realiza duas operacións:
  • Interpretan os datos que chegan do procesador.Ordénaos e calcúlaos para poder presentalos na pantalla en forma de un rectángulo máis ou menos grande composto de puntos individuais de diferentes cores.
  •         Colle a salida de datos resultantes de ese proceso e a transforma nunha señal analóxica que poda entender   o  monitor.


    2.Chips fundamentais:
         -O microprocesador gráfico
        -O convensor analóxico-dixital ou RAMDAC.

   3. Conexións PCIExpres  e AGP:
     -Agp:estándar para as conexión de tarxetas gráficas, tampouco un slot, senón un porto pensado unicamente para tarxetas gráficas que transmitan centos de MB/s de info., tipicamente as 3D.Memoria do sistema como memoria de video (p1enaliza moito o rendemento).Ten varias subcategorías de BUS que influen na súa velocidade , o Agp 1x, 2x , 4x, e o 8x.
   -PCIExpres: É unha nova arquitectura de bus e o seu ancho de banda é 3.5 veces superiora AGP8X e PCI no PC e da como resultado unha velocidades superior a 4GB/s nas transferencias de datos en ambas direccións, o que a comberte no máis recomendable á hora de adquirir unha tarxeta gráfica.   


Tarxeta gráfica nvidia GeForce GT240.





Enlace: http://es.wikipedia.org/wiki/Tarjeta_gr%C3%A1fica




Tarxeta de son

É a encargada da transformar o son analóxico en en información dixital ( ceros e uns),e viceversa; así, grazas a tarxeta de son podemos:
  • Escoitar son almacenado nuns ficheiros denominados arquivos de son.
  • Grabar e manipular os sons almacenados nese ficheiros.
  • Icluir son en documentos diversos:  presentación de PowerPoint, páxinas web...
  • Escuitar CD música no ordenador.
  • Utilizar programas de música para compoñer, retocar e reproducir melodias propias.
  • Utilizar o ordenador como si de unha cadena de música se tratara.
Función dos 5 conectores que posee:
  • Puerto MIDI/Joystick.Permite introducir son directamente desde un instrumento musical ou conectar un joystick para xogos.
  • Saída de audio.Envía o son a un amplificador ou grabador externo.
  • Saída para altavoces ou auriculares.Permite conectar esos dispositivos.
  • Entrada de micrófono.Permite introducir son do exterior: voz, música...
  • Entrada de línea de audio.Permite introducir, ao ordenador, son de un aparato extern: unha radio, unha cadena de música,etc.

Tarxeta de son.